Unha grande parte dos nosos apelidos, teñen na súa orixe o nome dun
lugar, aldea ou vila. Intento neste artigo amosar os mecanismos, polos que
unha familia galega do século XVI, fai de seu o nome da terra que ten
aforada. A historia da xenealoxía e onomástica galega, está vencellada
directamente a posesión da terra. En base a ista posesión os nosos
devanceiros, estableceron as normas que rexiron a vida e a morte, a
familia e a súa herdanza. A familia galega tradiccional e a trasmisión do
seu apelido ou nome está vinculada a propiedade e continuidade da terra
familiar, o casal, o lugar.
O sistema familiar tradiccional galego, estivo rexido por prácticas e
estratexas de seu; dirixidas a permanencia e millora da "casa". Istas
leises domésticas son coñecidas polo "petruciado". O petrucio era o xefe
da casa e do nucleo familiar. Iste cargo recaía no membro masculino do
matrimonio (ainda que non sempre), e afectaba a íste e os seus fillos
solteiros. En moitos casos no mesmo nucleo familiar, convivían outros
membros, como avós ou irmás solteiras, que asumían a vontade do petrucio.
Isto é o contexto tradiccional, que define o que na Galiza rural de ata
fai ben pouco, era coñecido por "casa", "xente" ou "raza". Istes
individuos baixo ausencia dun apelido de seu, como intentamos amosar neste
artigo, asumía como apelido o nome do casal ou lugar onde habitaba.